sábado, 10 de marzo de 2018

IX concurso de viñetas “Donas”. Mulleres na historia de Galicia


O obxecto do concurso é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre as mulleres na historia de Galicia co obxecto de visibilizar o empoderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.
Participantes
Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.
Temática
Os traballos presentados versarán sobre:
– Historia das mulleres en Galicia.
– Biografías femininas galegas que visibilicen as súas obras ou legados: profesoras, políticas, científicas, activistas, escritoras, periodistas, poetas, exiliadas, armadoras, artistas, almirantas de navegación, investigadoras, deportistas, etc.
– Empoderamento feminino na historia de Galicia.
– O papel das mulleres e historias de vida no desenvolvemento da sociedade galega; na Galicia rural da Posguerra, na ciencia e a investigación, na mobilización feminina e a loita pola liberación das mulleres galegas na Historia, na artesanía, nos medios de comunicación, no eido do mar, etc.
Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e de prevención da violencia de xénero.
Formato
A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor.
Poderá empregarse a técnica libre.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en soporte físico de papel.
A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.
Premio
Poderase participar en dúas categorías:
CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos).
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos).
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de abril de 2018.
Forma de presentación: 
os traballos entregaranse nun sobre pechado; no exterior do sobre indicarase IX Concurso de Viñetas “Donas”, a categoría na que se presenta (categoría A para persoas de entre 12 e 14 anos e categoría B para persoas entre 15 e 18 anos) e un pseudónimo como identificador do traballo.
Dentro deste sobre irán o traballo e outro sobre pechado co pseudónimo no exterior. No seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos.

1 comentario:

  1. O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.

    ResponderEliminar