xoves, 3 de maio de 2018


Charla sobre a intelixencia artificial en Carballo

02 Mai 2018


    David Domínguez Fondo, Correspondente xuvenil no IES Isidro Parga Pondal de Carballo organiza unha charla sobre a intelixencia artificial coa colaboración e patrocinio de Google.
    Para poder asistir á charla o próximo martes 8 de maio ás 17:30 h, será necesario rexistrarse no seguinte enlace: https://googleioextendedcarballo.app.rsvpify.com/
    Para máis información sobre o evento/charla no seguinte enlace: https://events.google.com/io/

    Campamentos de Verán 2018

    25 Abr 2018
      A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018
      Servizos ofertados:
      a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
      b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
      c) Manutención en réxime de pensión completa.
      d) O material necesario para a actividade.
      e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
      f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
      g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
      A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 15:00 e as 17:00 horas.
      Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.
      Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
      Idades: 
      En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2018, cómpre destacar o seguinte:
      a) As persoas nacidas no ano 2000 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
      b) As persoas nacidas no ano 2009 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.
      Discapacidades:
      As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
      a) Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar. 
      b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa. 
      c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.
      Adxudicación das prazas 
      a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles. 
      b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.
      Solicitudes:
      As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
      Solicitude individual:  procedemento BS303A.
      Solicitude múltiple:  procedemento BS303F.
      Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
      procedemento BS303G  para solicitude individual
      procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.
      Prezo:
      Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% 
      As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%
      Prazo:
      O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 18 de maio de 2018
      Máis información no DOG do 25 de abril de 2018

      xoves, 5 de abril de 2018

      Relación entre o consumo de alcol e outras drogas e o uso problemático da internet en adolescentes



      Estudo feito por Sandra Golpe, Patricia Gómez, Teresa Braña, Jesús Varela e Antonio Rial da Universidade de Santiago de Compostela.
      A realización do presente traballo, a partir dunha mostra de 3882 adolescentes españois de entre 12 e 18 anos, permitiu constatar que efectivamente existe unha estreita relación entre o consumo de alcol (medido a través do AUDIT) e outras drogas (medido a través do  CRAFFT e do  CAST) e o uso problemático da internet (medido a través do  EUPI-a).
      Enlace ao estudo publicado na revista Adicciones: http://www.adicciones.es/index.php/adicciones/article/view/959/883

      InterRail



      É un pase que permite viaxar nas compañías participantes de 30 países europeos e tránsito marítimo entre Italia e Grecia, segundo as características da modalidade escollida.
      A gama de pases Interrail comprende os Interrail Global Pass e Interrail One Country Pass. Pode ser adquirido e utilizado por persoas con residencia nalgún dos seguintes países: Albania, Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Bielorrusia, Bosnia- Herzegovina, Bulgaria, Cidade do Vaticano, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, FYR Macedonia, Francia, Grecia, Hungría, Islandia, Italia, Kósovo, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, República de Irlanda, Romanía, Rusia, San Mariño, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía e Ucraína. Tamén pode figurar como residencia uno dos territorios seguintes: Illas Aland, de Finlandia; Illas Feroe, de Dinamarca; Xibraltar, Guernsey, Illa de Man e Xersei, do Reino Unido; Svalbard e Jan Mayen, de Noruega. Os residentes en territorios de ultramar que pertencen a países europeos non poden adquirilo. É persoal e intransferible, polo que é necesario acreditar a identidade e data de nacemento mediante a presentación de D. N.I. ou pasaporte que inclúa unha fotografía.

      Non existe límite de idade para viaxar cun pase  Interrail. Ademais do pase para adultos, existen as seguintes variantes:
      " Youth" destinado a mozos que non teñan cumpridos 28 anos o primeiro día de validez do pase.
      " Senior" destinado a adultos con 60 anos cumpridos o primeiro día de validez do pase.
      “ Child” destinado a nenos entre 4 e 11 anos cumpridos. Este pase é gratuíto cando viaxan acompañados de adultos (limitado a dous nenos por adulto).
      Interrail pode adquirirse en España ata 3 meses antes da data do primeiro día de validez.

      luns, 2 de abril de 2018

      Premios #SaferInternet4EU



      Presentados pola Comisión Europea, os premios teñen como obxectivo recompensar e celebrar a excelencia e as mellores prácticas no campo da internet europeo máis seguro / mellor de organizacións, docentes e novas.
      Os premios están abertos en tres categorías:
      - Un premio ás mellores prácticas para organizacións, premiando un programa de educación en seguridade innovador en liña de alta calidade, unha campaña de recursos ou de concienciación dirixida a mozas, mestres ou pais. Esta categoría está aberta a organizacións públicas e privadas (incluídas organizacións de redes inseguras), especialistas ou académicos que operan dentro dun dos países beneficiarios do “Programa Mellor Internet na Facilidade da Conectividade en Europa” (CEF), é dicir,  EU28, Islandia e Noruega.
      - Un premio ás mellores prácticas para mestres, premiando unha iniciativa, recurso, ferramenta ou solución notable e inspiradora dun só mestre ou un grupo de mestres.
      - Un premio ás mellores prácticas para mozas e mozos, premiando unha iniciativa, recurso, ferramenta ou solución notable e inspiradora dunha soa persoa nova ou un grupo de mozos.
      Todas as mellores prácticas deberían centrarse en cuestións relacionadas co ámbito de Mellor Internet para nenos (BIK), abordando temas como noticias falsas, intimidación cibernética, xoguetes conectados e preocupacións de privacidade, arranxo persoal, exposición a contido daniño ou inquietante, ou aspectos de ciber hixiene (é dicir, seguridade con contrasinal, seguridade  cibernética, etc.).
      As prácticas, recursos, programas ou campañas deberían crearse ou lanzado nos últimos dous anos (despois do 1 de marzo de 2016) e poden presentarse en calquera dos idiomas da UE.
      Os solicitantes deben ter entre 13 e 19 anos.
      Prazo: 15 de maio de 2018.
      https://www.betterinternetforkids.eu/web/portal/practice/awareness/detail?articleId=2829529

      sábado, 10 de marzo de 2018

      III Premios Fouciño


      O Concello de Zas convoca os III premios Fouciño de audiovisual
      Haberá dúas categorías:
      Categoría para centros de ensino: Poderán participar a través do seu centro de ensino todos aqueles alumnos matriculados no presente curso 2017-2018. Isto inclúe centros públicos e privados en calquera dos seguintes ciclos: infantil, primaria, secundaria e bacharelato (quedan excluidos formación profesional e universitarios).
      Categoría aberta: Poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, tanto de forma individual como colectiva. Isto inclúe tamén a estudantes que queiran presentar pezas de xeito independente do seu centro de ensino.
      Nota: En calquera das dúas categorías se os participantes son menores de idade é imprescindible entregar o consentimento dos pais, nais ou titores legais.
      Características da pezas audiovisuais:
      A temática das pezas é libre.
      As historias deberán ser orixinais, de creación propia ou con base popular ou literaria. No caso de que a curtametraxe estea baseada nunha obra literaria, deberase acreditar as autorizacións pertinentes ao respecto dos dereitos de autoría.
      Non serán admitidas as curtametraxes xa presentadas en edicións anteriores.
      As pezas presentadas non poderán ter sido premiadas noutros concursos.
      Os autores son os únicos responsables do contido das pezas entregadas. No caso de ser menores de idade, a responsabilidade caerá sobre o representante legal do menor.
      As pezas terán unha duración máxima de 5 minutos e deberán ser en galego ou posuír subtítulos en galego.
      As curtametraxes deberán entregarse en formato .mov ou mp4 (codec H.264), resolución: 1920x1080 ou 1280x720, taxa máxima de trasferencia de bits: 20.000kbps; audio ACC.
      prazo para participar nos III Premios Fouciño estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
      Proxeccións:
      A proxección das curtametraxes finalistas seleccionadas nos III Premios Fouciño terá lugar o 30 de xuño de 2018 no marco do festival, no que ,ademais, haberá concertos ao aire libre así como outras actividades paralelas. Durante o certame haberá un espazo para o acto de entrega dos premios.
      Premios:
      Premio da categoría de centros de ensino: 300 € en metálico para o centro de ensino + trofeo
      Premio da categoría libre: 700 € en metálico para o gañador/es + trofeo
      Premio do público: trofeo
      Accésit: O xurado pode considerar outorgar un accésit a aquela peza que mostre unha alta calidade, aínda que non superior á da gañadora. O accésit consistirá nun trofeo.

      IX concurso de viñetas “Donas”. Mulleres na historia de Galicia


      O obxecto do concurso é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre as mulleres na historia de Galicia co obxecto de visibilizar o empoderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.
      Participantes
      Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
      Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
      Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.
      Temática
      Os traballos presentados versarán sobre:
      – Historia das mulleres en Galicia.
      – Biografías femininas galegas que visibilicen as súas obras ou legados: profesoras, políticas, científicas, activistas, escritoras, periodistas, poetas, exiliadas, armadoras, artistas, almirantas de navegación, investigadoras, deportistas, etc.
      – Empoderamento feminino na historia de Galicia.
      – O papel das mulleres e historias de vida no desenvolvemento da sociedade galega; na Galicia rural da Posguerra, na ciencia e a investigación, na mobilización feminina e a loita pola liberación das mulleres galegas na Historia, na artesanía, nos medios de comunicación, no eido do mar, etc.
      Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e de prevención da violencia de xénero.
      Formato
      A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
      A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor.
      Poderá empregarse a técnica libre.
      A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
      A obra presentarase en soporte físico de papel.
      A obra non poderá ir asinada co nome.
      O idioma empregado será o galego.
      Premio
      Poderase participar en dúas categorías:
      CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos).
      Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics.
      Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
      CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos).
      Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics.
      Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
      prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de abril de 2018.
      Forma de presentación: 
      os traballos entregaranse nun sobre pechado; no exterior do sobre indicarase IX Concurso de Viñetas “Donas”, a categoría na que se presenta (categoría A para persoas de entre 12 e 14 anos e categoría B para persoas entre 15 e 18 anos) e un pseudónimo como identificador do traballo.
      Dentro deste sobre irán o traballo e outro sobre pechado co pseudónimo no exterior. No seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos.